As actividades na natureza en Galicia


Os seres humanos nos movemos en diferentes medios: urbanos, rurais e naturais. 

Ainda que en principio cabería pensar que as actividades na natureza son aquelas que se desenvolven no terceiro medio (o natural), nunha visión máis ampla abarcaría calquer tipo de actividade realizada fora dun recinto cerrado; pavillón, ximnasio, etc. De ese xeito, correr no parque, xogar nunha praia urbana, facer un recorrido de senderismo atravesando aldeas e vilas se consideraría actividade na natureza.

Realizar actividade física no medio natural nos leva  a facer referencia a distintos contidos que xeralmente non se traballan no ámbito da educación física; coñecer as árbores, os animáis, a arquitectura da zona, características xeolóxicas do terreo. Esta inter-relación de contidos non fai máis que enriquecer a nosa experiencia.

Galicia é unha comunidade de contrastes  que nos aportan un amplo abanico de posibilidades de realización de actividades na natureza. Con paisaxes tan variadas (montañas, bosques, ríos, praias,...) e clima cambiante (sol, chuvia, frío, calor, humidade,...) a sorpresa está asegurada.

Pero, ¿Cómo nacen as actividades na natureza? ¿Qué actividades podemos desenvolver na natureza? ¿Cáles podemos desenvolver no noso contorno próximo? ¿Qué outras existen en zonas xeográficas máis afastadas? ¡Falemos sobre elo e fagamos unha lista!

No hay comentarios:

Publicar un comentario